A Catedral de Santiago recolle o Premio Patrimonio 2021

Recoñece o traballo de restauración e rehabilitación do conxunto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
© Programa Catedral_Fundación Barrié/Fundación Catedral

© Programa Catedral_Fundación Barrié/Fundación Catedral

Hoxe ten lugar a entrega á Fundación Catedral de Santiago do Premio Patrimonio 2021 outorgado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. O premio, decidido na Asemblea Xeral deste órgano en xuño, recoñece a importancia e complexidade dos traballos de restauración e rehabilitación do conxunto histórico-monumental do templo de Santiago de Compostela, levados a cabo desde 2008. O meirande proxecto de restauración da dos pasados oito séculos, destacando a conservación e restauración do Pórtico da Gloria, segundo se recoñece na concesión. A restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago xa foi merecente dun dos Premios de Patrimonio Europeo / Europa Nostra 2019, outorgados pola Comisión Europea e Europa Nostra a proxectos de conservación, investigación, dedicación ao Patrimonio e educación.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Pórtico da Gloria, Europa...