O Gran Teatro do Liceo acolleu onte o acto de entrega dos premio Europa Nostra. Uns áccesit que recoñece as actuacións de conservación e protección do patrimonio histórico. Este ano, entre os galardoados estaba a Xunta de Galicia polos proxectos levados a cabo do 99 para a restauración da Catedral de Santiago
Premiados
Os premios que a Asociación Europa Nostra repartiu onte corresponden ás súas últimas edicións. Pola do 99, houbo cinco diplomas. Un pola restauración do "Pazo da AlxaferÃa" de Zaragoza e sé das Cortes de Aragón e os outros catro polas obras realizadas na Catedral de Santiago. Polo demais, os premios do ano 2000 estiveron formados por unha medalla pola reconstrucción do Gran Teatro do Liceo. Unhas obras que dirixiu o finado Ignasi de Solà -Morales. O resto dos diplomas recaeron na Restauración da Seo de Zaragoza , na rehabilitación dos recintos amurallados de Melilla; a restauración da igrexa románica de San Cristóbal en Salamanca e a rehabilitación dunha casa-palacio do século XVII en Xerez da Fronteira.
Rehabilitación programada
Para a concesión deste galardón a Asociación Europa Nostra tivo en conta as obras realizadas entre os anos 1997-1999, e que foron incluidas no Plan de Catedrais de Galicia impulsado pola Xunta. Segundo este plan levouse a cabo o proxecto de rehabilitación da Catedral co que se atallou a situación de deterioro que sufrÃa o templo, facendo fincapé nas zonas máis visitadas. No proceso de restauración da catedral invertÃronse 550 millóns de pesetas. Ademais, no ano 1999 tamén tivo lugar a campaña de desinsectación, pola que a Catedral pechou un dÃa por primeira vez na súa historia.