A restauración do Pórtico da Gloria opta ao premio do público Europa Nostra

O prazo de votación é ata o 15 de setembro

A restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago xa recibira un premio Europa Nostra 2019 na categoría de conservación, pero agora opta tamén ao premio do público xunto con outras vinteseis candidaturas de toda Europa. Calquera internauta pode participar votando tres proxectos de diferentes países europeos entre as que se atopan rehabilitación de castelos, igrexas, sitios arqueolóxicos, complexos industriais ou vilas montañesas no Cáucaso, entre outros moitos.

Vídeo de presentación do Pórtico da Gloria: