A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade a muralla de Lugo

Obxectivo acadado

Mentras todo Lugo durmía, na cidade australiana de Cairns o Comité do Patrimonio Mundial da Unesco decidía que monumentos dos 71 candidatos serían declarados este ano Patrimonio da Humanidade. Ser un monumento, ser un conxunto e un lugar de interese arqueolóxico, son as características esixidas pola Unesco polas que a Muralla de Lugo é, dende hoxe, Patrimonio da Humanidade.

Patrimonio da Humanidade




Sobre as 3.50 da madrugada, hora española, o Comité de Patrimonio decidiu, sen ningunha obxección, que a muralla de Lugo reune tódalas características polas que pasa a formar parte da lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco. É a única no mundo que se conserva dende a época romana e asisteu á evolución histórica da cidade de Lugo, aportando un testemuño único sobre a civilización, ten un interese arqueolóxico importantísimo e, ademais, está en excelente estado de conservación.








Campañas de apoio




En primeiro lugar apareceu o "Cumulum" un proxecto que conseguiu rodear a muralla con medio millón de libros, que logo pasou a formar parte da campaña da Unesco "Libros para todos", que destina libros a latinoamérica. Logo apareceu o "Comilonum", onde unhas 5.000 persoas compartiron mesa e mantel ó redor da muralla. E por último baixo o eslógan "Patrimonio galego, tesouro universal" a Xunta quixo contribuir a esta causa. Agora, co obxectivo acadado, tódolos organizadores, os lucenses e tódolos galegos en xeral felicítanse por este recoñecemento. Esforzos que fixeron da candidatura da muralla lucense a máis sólida das 71 que competían polo galardón este ano.





Outros recoñecementos




Este mérito é o máis importante que adquire a cidade, aínda que non o único, xa que en 1921 a Muralla foi declarada polo Estado Español "Monumento Nacional" e en 1971 o conxunto histórico de Lugo fora declarado "Ben de Interés Cultural", pola súa importancia na organización do espacio e dinamización da cidade.
Con este galardón a muralla de Lugo é o segundo ben cultural-artístico tralo Camiño de Santiago. Este ano, tamén acadaron o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade o Palmeral de Elche e a antiga Tarraco, que destacan polo veterano sistema de irrigación. Os outros candidatos españoles terán que agardar á tarde para saber a resolución do Comité de Patrimonio mundial.