O proxecto Orixes percorrerá Galicia en dorna

A iniciativa constará de corenta viaxes por rías e ríos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O escultor Moncho Amigo e Antón Coira son os promotores da expedición Orixes. A iniciativa pretende percorrer en dorna as rías e cursos fluviais do país, rexistrando as diferentes viaxes mediante vídeos e fotogafías e rexistrando anécdotas e historias da experiencia. A proposta, que comezará remontando o río Umia, pretende visitar 40 cursos fluviais galegos a razón dun cada fin de semana. Os promotores apuntan que para cada unha das viaxes queren convidar un creador que comparta a experiencia e achegue unha obra ao proxecto.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O país a volta de auga

Turismo Cara B: Dúas iniciativas para percorrer Galicia por medios acuáticos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moncho Amigo, Umia

Claves

Protagonistas
Lugares