Hai tres puntos en común entre estas dúas historias: a auga, a amizade e a ambición de percorrer o paÃs. O proxecto Orixes busca percorrer en dorna os cursos de auga e os lagos e encoros interiores de Galicia, para despois subir ao Norte de Europa, de onde os seus promotores. E un grupo de piragüistas concluiu hai dúas semanas a súa volta ao litoral galego en kaiak. Nun e noutro caso, estes singulares aventureiros percorren o paÃs unidos por fortes vÃnculos persoais.
O vello soño de José Ramón Corral, piragüista, era, desde hai moito tempo, dar a volta a Galicia en kaiak. Comezar en Ribadeo e finalizar na Guarda. Pero non puido cumprir o soño: en xaneiro, Corral sufriu un accidente de moto e morreu. Os seus amigos, e en especial Josechu Roel, kaiakista profesional e lÃder do grupo, decidiron cumprir ese antigo soño do seu amigo e botarse ao mar. Fixérono o 31 de agosto, saÃndo de Ribadeo. A idea era circunnavegar a accidentada costa galega a bordo de dous kaiaks, seguidos por un barco de apoio. Son Francisco López Costoya, Antonio de la Rosa, Arnau Juliá e Josechu Roel. Só Roel se dedica na actualidade de xeito profesional aos deportes náuticos, pero o resto dos membros do equipo contaban cunha certa preparación en competicións.
Os deportistas saÃan moi cedo, contra as seis da mañá, para evitar os ventos fortes de final da tarde. A primeira etapa xa lles deu unha idea do calibre do reto: para ir de Ribadeo a Cedeira empregaron 14 horas e media en percorreren101 quilómetros. Ao segundo dÃa, na etapa prevista Cedeira – Malpica, as condicións do tempo empeoraron e vÃronse obrigados a continuar por estrada. As outras tres etapas, de Malpica a Fisterra, de Fisterra ata Ons e das illas ata a Guarda, fixéronse sen incidencias e no tempo previsto. Pero ao equipo quedoulle a espina cravada: “o ano que vén repetiremos para tentar facela completa”.
Nas Orixes das dornas
Unha iniciativa moi diferente é a de dous vellos amigos, coñecidos desde hai máis de trinta anos: o artista Moncho Amigo e o médico Antón Coira. A bordo dunha dorna que bautizaron Orixes, como emblema do seu proxecto de viaxes, fabricada por un artesán de Ribeira, Amigo e Coira planean percorrer os cursos fluviais do paÃs, desde o mar cara o interior e mesmo tamén algúns dos encoros a bordo da súa dorna, apoiados por todos os medios: remos, vela e un motorciño. A idea é facer corenta viaxes polos cursos fluviais de Galicia ao longo dos vindeiros dous anos. A súa primeira etapa foi un clásico dos percorridos fluviais galegos: da Illa de Arousa, remontando o rÃo Ulla ata Pontecesures. E as vindeiras xa están pensadas polas principais arterias fluviais de Galicia: subir aos Caneiros desde Betanzos, desde a Guarda remontando o Miño e polos canóns do Sil. Moitas das etapas aÃnda non están planificadas, pero si teñen claro o destino final da dorna.
Segundo Amigo e Coira, a dorna como embarcación ten as súas orixes nos ataques viquingos que sufriron as costas galegas ao redor do século X. O que queren os aventureiros é que Orixes realice a súa última singladura nos mares do Norte de Europa e remate o periplo nalgún museo de alá, xunto co libro que agardan confeccionar coa memoria da viaxe. De feito, unha das caracterÃsticas desta peculiar aventura é que Amigo e Coira queren compartir cada unha das etapas cun convidado especial que contribúa dalgún xeito ao proxecto cunha peza, ou unha obra. O propio Amigo confÃa en ir sementando as localidades polas que pasen con esculturas que realizará a tal efecto.
O proxecto Orixes e a volta a Galicia en kaiak, que recuncará o vindeiro ano, dúas iniciativas para explorar un dos elementos máis distintivos de Galicia: a auga.