O Proxecto Ríos ábrese a contidos culturais

ADEGA presenta mañá Ríos de de lingua e cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai xa varios anos que o Proxecto Ríos, coordinado por ADEGA, vixía a saúde ambiental dos nosos cursos fluviais. Agora, a iniciativa amplíase co programa Ríos de de lingua e cultura, que quere sumar ao interese polo medio o coñecemento do patrimonio material e inmaterial vencellados a este ámbito. Deste xeito, ao longo deste ano faranse recollidas de léxico de animais e plantas, explicando os usos ou receitas vencellados aos mesmos. En seguintes fases quérese ampliar a iniciativa a lendas, cantigas ou toponimia deste ámbito. No marco deste proxecto editarase un manual e unha guía de campo que se distribuirán entre os participantes. A iniciativa presentarase oficialmente mañá, día 11 ás 12 da mañá na Galería Sargadelos de Compostela.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADEGA, Guía, Galería, Galería Sargadelos...