Preséntase Ríos de lingua e cultura

O material recollido compilarase nunha guía

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O programa Ríos e lingua e cultura, que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia coordina no seo do Proxecto Ríos, xa ten imaxe. Na presentación da iniciativa, esta mañá, amosáronse o cartel e as tarxetas que servirán para divulgala. Nos mesmos poden verse testemuños reais de informantes que explican o nome que lle dan a especies de fauna e de flora, así coma o seu emprego ou peculiaridades das mesmas. Precisamente a intención do colectivo é recuperar patrimonio inmaterial vencellados aos cursos fluviais, comezando coa fauna e a flora. Segundo ADEGA, o material que se recolla dentro do programa compilarase nunha guía. Os interesados en participar poden anotarse no web do Proxecto Ríos.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, ADEGA

Claves

Entidades
Conceptos