194 casas de turismo rural participan xa da central de reservas en liña de Turgalicia

O servizo comezou a ofrecerse hai un mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

De 20 pasouse a 194 casas de turismo rural na central de reservas de Turgalicia. Eses son os datos que ofrece a Secretaría Xeral de Turismo para avaliar a transición da central de reservas telefónica que ofrecía a Xunta ao novo sistema, xestionado por clientes e hoteleiros directamente en liña. A nova central de reservas permite configurar paquetes turísticos e, segundo a Xunta, "permitirá obter automaticamente datos estatísticos que axudarán a coñecer a evolución do sector facilitando os traballos de planificación e contraste das políticas de promoción turística".

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Turgalicia

Claves

Entidades
Conceptos