A Xunta anuncia a creación dunha rede de Reservas da Biosfera

O proxecto busca incrementar a colaboración entre estes territorios protexidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Os seis espazos declarados pola Unesco como reservas da biosfera en Galicia integraranse nunha nova rede. O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciaba onte a posta en marcha da tramitación do decreto que concretará este proxecto. O obxectivo da rede é mellorar a coordinación entre estes espazos protexidos, que comprenden case a cuarta parte da superficie do país. Segundo explica a Xunta, a iniciativa "reforzará a posta en valor das reservas como elementos que contribúen ao desenvolvemento sustentable e á mellora do benestar da poboación". Como obxectivos concretos, anúnciase a creación e reforzamento de vínculos entre os distintos territorios e o fomento da colaboración entre os mesmos.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO

Claves

Entidades