A Xunta impulsa un plan estratéxico para os cascos históricos das vilas

O proxecto pretende favorecer a conservación e fixar poboación nestes núcleos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciaba onte a vindeira posta en marcha dun Plan Estratéxico de Dinamización dos Pequenos Cascos Históricos, orientado ás vilas do país que conten con estes conxuntos. A Consellaría de Cultulra presentaba onte no Consello de Goberno da Xunta un informe sobre esta iniciativa que pretende favorecer a conservación destes espazos patrimoniais e favorecer que se fixe poboación nos mesmos. Como base, realizaranse estudos sobre a situación concreta de cara área, a partir do cal "proporase unha estratexia xeral para a promoción, o uso e a conservación destes conxuntos históricos", segundo informa a Xunta. Ademais, quérense implementar axudas de apoio á rehabilitación e á actividade económica ou mellorar os servizos de comunicación e subministros de enerxía. En último termo, o goberno pretende "crear unha rede de conxuntos históricos de vilas e pequenas cidades e de elaborar un plan que promova un modelo urbano sustentable nesas vilas".

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Patrimonio ao  borde do mar

Patrimonio ao borde do mar

Os conxuntos históricos da beira marítima protagonizan unhas xornadas no Consello da Cultura

Universos

Claves