Un seminario analizará os conxuntos históricos do borde marítimo

O Consello da Cultura organiza esta actividade os vindeiros 1 e 2 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Un seminario analizará os conxuntos históricos do borde marítimo

A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollerá os vindeiros 1 e 2 de xullo o seminario Conxuntos históricos no borde marítimo galego. Con este encontro Coordinado por Iago Seara Morales e Rafael Vallejo e organizado pola
Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello, quérese abordar "a problemática destes conxuntos históricos, a súa protección e conservación patrimonial, con especial atención ás vilas de Cambados, Rinlo, Muros e Combarro".

A evolución dunhas áreas singulares marcadas polo encontro entre a actividade humana e o medio natural, así como o perigo que para o seu especial carácter supón o crecente desenvolvemento turístico son algúnhas das cuestión que se abordarán no seminario. Ramón Villares, Carlos Nárdiz, Xoán Carmona, Rafael Vallejo, Teresa Nieto ou Iago Seara son algúns dos especialistas que participarán no encontro.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Patrimonio ao  borde do mar

Patrimonio ao borde do mar

Os conxuntos históricos da beira marítima protagonizan unhas xornadas no Consello da Cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iago Seara, Seara, Consello da Cultura Galega, Combarro...