Nados no seu dÃa para responder a condicións de existencia particular, os conxuntos históricos de borde marÃtimo supoñen un patrimonio de especial importancia no noso paÃs. A atender á problemática especÃfica destes espazos o Consello da Cultura Galega celebra hoxe e mais mañá unhas xornadas nas que se reflexionará sobre as posibilidades de conservación e desenvolvemento deste núcleos.
Pola costa todo o paÃs distribúense aldeas e vilas situadas na beira do mar. Nadas coa función fundamental de servir de base para as embarcacións de pesca e albergar as casas e hortas das súas familias, nalgúns casos conservan aÃnda as particulares solucións arquitectónicas e os xeitos de adaptación á paisaxe coa que se crearon. Espazos protexidos como Cambados, Combarro ou Muros comparten caracterÃsticas con outros como Rinlo, Ribadeo ou Viveiro dentro dunha grande variedade na súa configuración e mais no estado de conservación actual. No entanto, mudanzas nas últimas décadas como son a concentración da poboación na costa, a drástica mingua da pesca de baixura, ou a crecente presión turÃstica poñen estes espazos ante retos particulares a nivel de protección patrimonial e natural. A atender a estas cuestións, o Consello da Cultura celebra na súa sede en Compostela o seminario Os conxuntos históricos no borde marÃtimo galego entre hoxe e mañá.
As peculiaridades
Segundo explica Iago Seara, coordinador deste seminario a caracterizar os espazos que o protagonizan, "aÃnda que cada conxunto histórico ten unhas caracterÃsticas singulares que lles dan unha personalidade, os que están no borde marÃtimo teñen ademais unha razón de ser en función precisamente de onde están", sinala. " Estes espazos teñen un sentido na súa relación coa rÃa ou co mar, e tamén coa ladeira paralela ao mar na que se asentan. Trátase dunha ligazón primeiro fÃsica, e logo tamén social e económica". Asà para este arquitectos cada un destes lugares "é a expresión de procesos económicos e sociais mediante a arquitectura, a forma fÃsica. Cómpre transmitir ese patrimonio ás futuras xeracións".
Xeralidades e casos
No encontro, arquitectos como Henrique Seoane Prad e Teresa Nieto, técnicos en urbanismo como Alfonso DÃaz Revilla e Javier Montero Pérez, o historiador Xoán Carmona, o director de Portos de Galicia José Ignacio Villar, ou o doutor en enxeñarÃa Carlos Nárdiz abordarán desde diferentes perspectivas a problemática destes espazos. Canda a varias mesas que abordan aspectos xenéricos sobre a situación e a protección destes núcleos, as xornadas amosarán casos concretos ben diferenciados como son os de Combarro, Muros, Rinlo e mais Cambados, que se empregarán como exemplos das distintas fisionomÃa e dos problemas que se atopan no noso patrimonio costeiro.
Combarro e a beira
Para este arquitecto, cómpre ampliar a idea de qué se protexe. "Se á hora de abordar polÃticas patrimoniais non se ten en conta que o propio borde marÃtimo é parte dese conxunto, acábanse alterando as relacións arquitectónicas que estaban fixadas no momento da súa declaración e pérdense aspectos desa singularidade", advirte Seara a sinalar o caso especÃfico de Combarro. "Alà habÃa unha paria que actuaba como un peirao para Dornas, que se deixaban no areal. Hai uns anos fÃxose un recheo e creouse un peirao no que se instalou un centro comercial. Iso alterou as relacións de todo o conxunto, os hórreos, as prazas, os cruceiros ou as muras co mar, xa non existen as mesmas ligazóns espaciais e de textura". Precisamente encol deste caso falará o propio Seara no seminario, ao igual que o profesor da Universidade de Vigo Rafael Vallejo, quen presentará o Informe Urxente sobre Combarro. E agora «¿Qué facer?».
Rinlo e a protección
No caso de Rinlo, pola súa banda, "ten unha simbiose particular co borde marÃtimo do Cantábrico e mais co interior", explica Seara. "Cómpre que se concrete de xeito oficial a súa declaración como conxunto histórico singular, é algo que xa está no imaxinario colectivo. E unha vez que se obteña esa declaración, hai que evitar que ocorra de novo o que xa aconteceu en Combarro e noutros núcleos". No marco das xornadas será Carlota Eirós quen aborde este caso como "un novo paradigma na categorización dos conxuntos históricos e un novo paradigma para a súa conservación".
Reflexionar e modificar
En conxunto o seminario pretende, segundo recoñece Seara, analizar a problemática concreta das medidas de protección que se lle aplican a estes conxuntos. "trátase de reunirnos para reflexionar e ver se compre tomar medidas de cara á declaración de novos conxuntos. Tamén tentaremos ver como se poden recuperar situacións anteriores ás actuais nas que se mantiña un maior valor cultural e paisaxÃstico". Un dos inconvenientes máis serios que teñen estes espazos é que, mesmo a dispor un planeamento especial, esas normas non teñen en conta a contorna. "Nun monumento protexido compre respectala, pero nestes espazos non, e acontecen casos como o de Combarro", explica Seara.
Novas actuacións
Dentro das propostas que se manexan no encontro, Seara destaca que "as novas relacións sociais e económicas deben se conciliar con aspectos fÃsicos anteriores, cómpre que esas caracterÃsticas singulares dos conxuntos históricos non se violenten nin se espolien como pode estar a pasar". E engade que se deben contemplar novas accións para traballar a protección patrimonial destes espazos. "No caso de que se perdesen certas singularidades, é posible que, do mesmo xeito que se rexenera un territorio para recuperar os seus valores naturais, sexa necesario facer actuacións para repoñer valores que se perderon en conxuntos destes tipo".