O Consello da Cultura analiza a xestión patrimonial

A III Xornadas sobre boas prácticas na conservación do patrimonio cultural celébranse o 27 de setembro

24/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A problemática e responsabilidades das distintas profesións que traballan no ámbito da xestión dos bens culturais centran as III Xornadas sobre boas prácticas na conservación do patrimonio cultural. O encontro celébrase o vindeiro 27 de setembro no Consello da Cultura, e consta de catro mesas redondas e un debate final nos que se tratarán desde a regulación legal, as diferentes perspectivas profesionais que traballan neste ámbito ou o xeito de actuación sobre bens inmobles. O prazo de inscrición para as xornadas está aberto no web do Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega

Claves