Colectivos e profesionais de toda Galicia presentaban esta mañá na sede do Consello da Cultura o Foro do Patrimonio Cultural Galego. A nova entidade, que celebra hoxe mesmo a súa segunda xuntanza, denuncia a situación actual de moitos dos nosos bens patrimoniais e reclama novas polÃticas de xestión para os mesmos. O foro naceu a partir das III Xornadas sobre boas prácticas na conservación do patrimonio cultural que se celebraron o pasado mes de setembro na sede desta mesma entidade.
Dentro das súas reivindicacións, os membros do foro presentaron a Declaración de Santiago, unha serie de propostas na que inciden na necesidade dunha regulación na práctica e na formación do sector. Canda a isto, apuntan a ausencia dunha ferramenta básica na xestión patrimonial como é un inventario exhaustivo dos bens existentes.
A estas iniciativas acompáñaas a reclamación dunha Carta para a conservación do patrimonio cultural galego, que marque os requisitos mÃnimos a cumprir por toda intervención nestes elementos, e mais un Plan Urxente que atenda aos ámbitos e bens nun maior perigo.
A mais longo prazo, o Foro sinala a necesidade de contar cun Instituto Galego de Conservación que garanta continuidade e profesionalidade na polÃtica públicas sobre este sector. Dentro das reclamacións do foro apúntase o escaso interese desde as administracións por protexer e divulgar o patrimonio moble do noso paÃs.