
Estas xornadas, que comezarán este venres en Lugo e terán lugar nos seguintes venres de setembro, presentáronse hoxe no Consello da Cultura Galega contando coa asistencia de Dolores Vilavedra, secretaria do CCG; Pilar Portela, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural; Cecilia Pereira Marimón, comisaria do Xacobeo 2021 ; Belén Bermejo, directora do Festival Espazos Sonoros; e Samuel Diz, director artÃstico de Música no Claustro. Nos encontros, que terán lugar Lugo, Tui, Ribadavia e Betanzos reuniránse expertas e expertos internacionais e galegos para reflexionar sobre sustentabilidade e profesionalización en diferentes tipos de programas, con perspectivas de eventos diferentes e os xeitos de dotalos de valor cultural, máis alá das celebracións de ocio, asà como do uso das cidades como escenarios ou os xeitos de xestionar os espazos patrimoniais para a programación cultural.