Un Banco de Proxectos de Boas Prácticas na Xestión Cultural. Esta é a proposta que a asociación galega de profesionais deste ámbito (AGPXC) está a presentar desde o último Culturgal. O proxecto supón un repaso pioneiro pola actividade cultural galega en base a proxectos que destacan polo seu bo facer. Festivais de cinema, música ou teatro; festas de recreación histórica, exposicións, webs ou iniciativas de dinamización sociocultural danse cita nesta listaxe. A ferramenta amplÃase agora co lanzamento dun mapa e a preparación dun calendario con estas citas.
Despois de dar a coñecer da iniciativa no Culturgal, a sala NUMAX de Compostela (que fai parte do catálogo) acolleu o pasado dÃa 11 de xaneiro unha presentación da iniciativa, da man da Asociación de Xestores e da Deputación da Coruña. Durante o acto, Alberto GarcÃa, Presidente da AGPXC, apuntou a necesidade de "crear espazos comúns onde representar a xestión cultural", unha profesión que "cada vez ten un perfil máis aberto" coa incorporación das novas tecnoloxÃas. A falar sobre o Banco, sinalou a "altÃsima calidade" dos proxectos presentes ao tempo que apuntou a necesidade de "ver por xunto cantas cousas boas se fan e a potencialidade que teñen, un lugar para visibilizarnos, coñecernos e recoñecernos, e a partir de aÃ, procurar sinerxias". No econtro, e canda á propia NUMAX, aCentral Folque, Axóuxere, CurtocircuÃto, Cineuropa, Escenas do Cambio, Feito a man, as Festas do Barrio de San Pedro, o Festigal, Galicreques, o encontro Nexos, Unitaria e o Festival WOS, todas elas propostas incluÃdas no Banco e que se desenvolven na área de Compostela, recibiron cadansúa placa que as distingue como "Boa práctica de xestión cultural en Galicia". Ademais, tamén recibirán unha sinatura dixital con esta distinción que poderán incorporar aos seus correos electrónicos. "Damos un paso adiante na reivindicación da nosa capacidade para crear proxectos culturais e na divulgación de moitos dos que se viñeron facendo ben nos últimos anos", sinalou Goretti SanmartÃn, vicepresidenta e responsable de Cultura da Deputación da Coruña. SanmartÃn reivindicou tamén a necesidade de "experiencias galegas de cultura participada, de cultura como dereito, de cultura como implicación cidadá, que non naceron onte nin antonte, senón que teñen moitas delas décadas de traxectoria ou medraron agora nutrÃndose de sementes postas nos anos 70 ou 80".
O nacemento
Elaborar unha compilación como o Banco Proxectos de Boas Prácticas na Xestión Cultural, sen precedentes no paÃs, supuxo un intenso labor para a Asociación de Xestores Culturais. Segundo explica Sergio Lago, coordinador da iniciativa, a idea de crear un banco deste tipo "xurdiu aos poucos, ao longo das múltiples mesas de debate que desde a AGPXC organizamos con centos de profesionais de diferentes disciplinas culturais. Nestes encontros vimos que, cando se compartÃan iniciativas, non todo o mundo coñecÃa o resto de proxectos. Entón pareceunos que cumprÃa visibilizar as cousas que se estaban a facer e que se recoñecÃa que funcionaban ben". Deste xeito comezou unha recollida de propostas que sumou case 200 iniciativas. A partir desta listaxe, unha mesa técnica realizou a selección final. O propio proceso de elaboración desta ferramenta pode atopar no mesmo web no cal se poden consultar todas estas propostas. O proxecto contou con financiamento do Ministerio de Cultura e da vicepresidencia da Deputación da Coruña e foi coordinado por Sergio Lago, con Adriana Castro e Nela Fraga a desenvolver os traballos de recollida e de selección canda a outras persoas colaboradoras.
O cento
Polo momento o Banco recolle cen proxectos, a inmensa maiorÃa deles activos na actualidade, que destacan dalgún xeito pola súa traxectoria. Segundo explica o web do proxecto, a selección realizouse a partir de criterios de "innovación (emprego de estratexias novas e creativas de solución a problemas comúns), efectividade nos seus resultados (nivel de éxito, ben nos resultados, ben nos procedementos para a solución dos problemas aos que vai dirixida) exemplaridade inspiradora (o seu efecto multiplicador e que poida servir como ferramenta de capacitación) e transferibilidade (que sexa aplicable a outros contextos)". Segundo explica Lago, "non se trata de facer un ranking nin nada semellante. Tampouco é un manual de boas prácticas ao uso. A idea é artellar unha panorámica de proxectos inspiradores. Non pretendemos de que cada un dos seleccionados sexan modelos perfectos de traballo en todos os ámbitos". No cento de iniciativas comparten presenza "proxectos consolidados con outros que semellan marcar novas tendencias", explica o coordinador do Banco. "Téntase amosar de xeito ameno e coidado nunha serie de fichas que amosan o que se pode facer en Galicia, tanto para profesionais como para público xeral".
Unha ferramenta viva
A ferramenta, dispoñible na rede, permite unha navegación a través de diferentes clasificacións segundo o interese do usuario. AsÃ, pódense seleccionar por tipo (coas categorÃas certame, espazo, evento, formación, intervención sociocultural ou programación), carácter (público, privado, asociativo...), territorio (rural, urbano, rururbano ou itinerante), tipo de publico principal, contido (música, artes escénicas, audiovisual, letras...) ou periodicidade. "A intención é que sexa un repositorio vivo. Agora mesmo achega unha panorámica dos últimos anos da xestión cultural galega. É de agardar que vaian aparecendo novas propostas e pretendemos seguir a traballar con esta ferramenta, ila mellorando e incorporando máis iniciativas", explica Lago. Deste xeito, a selección permite dar unha rápida ollada ás iniciativas culturais que se desenvolven de cara ao público no paÃs.
Peso dos festivais
Para alén das clasificacións propostas no web, un reconto realizado especificamente para esta reportaxe amosa importancia que no conxunto teñen os festivais e eventos musicais, que supoñen case a cuarta parte das propostas recollidas. Canda a este ámbito, o audiovisual e as artes escénicas, con algo máis dunha ducia de propostas cada unha, ou as dez actividades de recuperación de patrimonio e de memoria colectiva que se atopan no catálogo (a incluÃr exposicións, webs ou o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia entre outras propostas do máis variado) amosan outros sectores especialmente vizosos. A literatura, con nove propostas, os seis de espazos e citas centradas na formación, canda a outras tantas iniciativas de dinamización sociocultural e festas de recreación histórica son outros ámbitos que contan con peso na selección. Canda a eleas, hai catro experiencias dedicadas na arte (maioritariamente urbana) que se poden atopar no reconto. Fican aÃnda outras 10 propostas, entre elas tres festas (a da Dorna, as Festas de San Pedro en Compostela ou o Feirón Mariñeiro de Rianxo) que resultan difÃciles de clasificar nos anteriores apartados. De calquera xeito, a variedade de propostas facilita desenvolver diferentes lecturas e achegamentos ao catálogo, que se presenta como unha ferramenta cun destacado potencial para ollar desde diferentes perspectivas a axenda cultural. Cómpre ter en conta que á hora de facer un reconto hai moitas propostas que transcenden unha única arte ou xeito de abordaxe e que se poden encadrar en distintos apartados o que multiplica a interpretación dos datos.
As distintas visibilidades
"Cando comezamos o proxecto, a ollar o que a xente destacaba dos diferentes sectores saÃan en xeral proxectos que se consideraban de éxito", explica Lago. "Isto explica tamén a ampla presenza de festivais e de eventos que ao mellor mesmo están sobrerrepresentados a respecto de todo o que se fai en Galicia. Son iniciativas que poden implicar un maior esforzo de difusión e de comunicación en canto teñen que vender entradas, e iso acaba por as facer máis coñecidas". Do mesmo xeito, ao se tratar dunha recollida aberta entre profesionais da xestión e de diferentes disciplinas creativas "os proxectos que máis saÃron son os máis consolidados, que tamén teñen máis sona en cada sector", recoñece Lago. Canda a estes "hai cousas novas que están a aparecer con forza, pero como é normal menciónanse menos".
Ponderación
De cara a corrixir estes nesgos e procurar unha representación máis equitativa a mesa técnica "tentou visibilizar novas iniciativas, pero a maior parte dos que se poden ver teñen certa traxectoria, mesmo no caso de ser moi anovadores. Mesmo hai un par de casos de eventos que xa non se celebran pero que resultan significativos por traballar disciplinas que ficarÃan orfas no Banco ou porque resultaban inspiradoras". Do mesmo xeito, no proceso introducÃronse os criterios de tentar amosar algo representativo das diferentes disciplinas e sectores asà como unha ponderación entre actividades da fachada atlántica e do interior galego. Como algo a mellorar da selección, o coordinador advirte que "ao participar no proceso menos xente de áreas como as artes plásticas ou as museoloxÃa si poden ter quedado fóra mostras de iniciativas deste tipo. Temos que ter claro que o banco pretende ser un punto de partida que seguirá medrando, e é de agardar que se incorporen proxectos se faltan".
Tendencias na programación
A partir do traballo de elaboración desta escolma, desde a AGPXC destacan que se poden detectar varias tendencias. "Unha que resulta moi interesante é que cada vez aparecen proxectos menos puros a nivel de disciplina. Hai unha aposta crecente polo multidisciplinar. Os festivais xa non son unicamente de música, inclúen tamén gastronomÃa e outras disciplinas artÃsticas. E o mesmo acontece cos de cinema e os de artes escénicas". Ademais de tocar diferentes áreas, os eventos están a integrar tamén "actividades que van para alén de facer unha programación. Faise traballo previo co público local, con centros escolares ou con colectivos amadores. Tamén se mestura a práctica artÃstica cos encontros profesionais e procúrase en xeral que os públicos poidan ter unha participación máis activa", explica Lago. Canda a esta, os profesionais da xestión cultural destacan tamén a existencia do que semella unha tendencia galega nos xeitos de programar. "A diferenza doutros lugares, en Galicia son destacan iniciativas que parten do territorio máis próximo, como son vilas, barrios ou pequenos lugares e que traballan ben. Se cadra non se coñecen tanto como se deberÃa, pero estas propostas desde o próximo son unha tendencia con exemplos que están a traballar moi ben".
O éxito e os retos
Nese sentido advirte que "cando falamos de éxito no se trata só de cantidades, senón da calidade da experiencia que se oferta, a súa identificación co territorio e a historia que o envolve ou a sustentabilidade económica ambiental e creativa", explica o coordinador do estudo. "Mesmo hai casos nos que se destacan as posibilidades dun evento para mellorar a autoestima colectiva ou a súa capacidade de transformación do territorio, tanto económica como social e persoal". O conxunto de iniciativas presentes "son mostras de moi bo traballo tanto da man de amadores como de profesionais. Nese sentido semella que hai unha profesionalización crecente de moitas iniciativas culturais. Nas conversas que mantemos con diferentes sectores estamos a detectar tamén debates moi interesantes sobre os novos retos e as novas obrigas que debe cumprir un proxecto de xestión cultural en cuestións como as condicións laborais, a igualdade ou a sustentabilidade ambiental, onde fica moito traballo".
Dentro das posibilidades que permiten estes datos, e a seguir a idea de que este sexa un repositorio vivo, a AGPXC acaba de presentar un mapa que xeolocaliza as entradas deste banco e prepara un calendario electrónico que facilita a quen teña interese seguir estes eventos nas súas diferentes edicións. Entre os proxectos máis inmediatos para esta base de datos está difundir no ámbito iberoamericano os contidos e mais o traballo da asociación. "Queremos visibilizar o que se está a facer en Galicia, é por iso que as fichas do Banco están xa dispoñibles en castelán". Está claro que esta ferramenta abre as portas a un novo xeito de comprendermos e facermos a xestión cultural do paÃs. Un maior coñecemento sobre o que facemos que, é de agardar, impulse este ámbito a novos e maiores niveis de calidade.