'A cultura é un dereito' reflexiona sobre as boas prácticas na recollida de tradición musical

As xornadas celébranse entre o 19 e o 21 de marzo en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
'A cultura é un dereito' reflexiona sobre as boas prácticas na recollida de tradición musical

​A Deputación da Coruña organiza as xornadas "Traducir a tradición" do 19 ao 21 de marzo de 2025 na Fundación SGAE - Parque de Vista Alegre en Santiago de Compostela. Comisariadas polo proxecto "O que non se escribe", estas xornadas buscan establecer un protocolo de boas prácticas legais, éticas e de xestión para o tratamento dos arquivos e das persoas implicadas neles. O obxectivo é integrar o patrimonio oral e os saberes comunais na creación musical contemporánea, abordando cuestións de propiedade, recoñecemento e xestión emocional no contexto actual da música tradicional.​ No programa participan etnomusicólogos, antropólogos, avogados, compiladores, músicos ou editores.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Fundación SGAE, Deputación da Coruña, Santiago de Compostela