Preséntase unha guía de referencia para a organización responsable de espectáculos ao vivo

O Manual de Boas Prácticas para Espectáculos ao Vivo da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural está dispoñible na web da asociación

16/3/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculosSociedadePolíticas Culturais
35 lecturas | Compartido 0 veces

Actuación de The Vaccines en Atlantic Fest 2018 Foto:S. Montes

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (Agpxc) presentou este luns un Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural para Espectáculos ao Vivo que elaborou a entidade co apoio da Deputación da Coruña. A intención deste manual é a de establecer dun modo práctico, os pasos que debe seguir calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, á hora de afrontar a organización dun espectáculo ao vivo. A representante de artistas musicais avogada e produtora de eventos, Patricia Hermida e o consultor de seguridade Ángel Dieste, asinan este texto que, segundo afirmaron na presentación, "pretende respostar dun xeito áxil e accesible ao reto de organizar un evento ou espectáculo en base ás boas prácticas, que non son outras que as que veñen sustentadas pola responsabilidade social, ambiental e cultural e pola propia normativa e lexislación vixente".
Patricia Hermida presentou a composición do manual, describíndoo como "un documento estruturado en 15 capítulos, redactados nunha linguaxe e códigos claros e sinxelos, onde analizamos as consideracións da temática que lle da título, para logo fixar as particularidades inherentes a administración pública e as persoas físicas ou xurídicas privadas e finalmente pechar sempre con algunha cuestión sobre a que queremos poñer o foco, por ser detectada de xeito sistemático malas prácticas, así como aspectos de sustentabilidade propios do tema analizado", asegurou a autora. Ata 35 textos legais reguladores recolle tamén o manual, alén de bibliografía, referencias e conta cunha táboa de comprobación, que enumera, "sobre todo a nivel documental, os requisitos que se foron describindo nos diferentes capítulos", afirmou Hermida. O manual está a disposición dos profesionais da sector cultural na páxina web da asociación para a súa descarga de balde.

Universo culturagalega.gal

18/01/2018

A cultura ben feita

O Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural amosa novas tendencias na programación cultural do país