A Xunta declara monumento natural o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós en Quiroga

Pasará a formar parte de Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O pregamento. Foto: Cultura Quiroga en Picasa

O pregamento. Foto: Cultura Quiroga en Picasa

O Goberno galego aprobou hoxe un proxecto de decreto para a declaración do pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, en Quiroga, como Monumento Natural. É a primeira declaración deste tipo no que vai de lexislatura e, na práctica, significará a incorporación á Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos e o establecemento dunha normativa destinada á súa preservación. O pregamento pertence á estrutura tectónica coñecida como sinclinal do Courel e trátase dun espazo natural "de importante valor xeolóxico no contexto nacional o internacional", que segundo a Xunta "consérvase practicamente intacto desde o Carbonífero Inferior".

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Galego, Courel

Claves

Entidades
Lugares