A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, presentaba esta mañá o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, un novo proxecto que pretende dar a coñecer os valores destes espazos. A iniciativa, que contará con catro millóns de euros de orzamento ao longo da actual lexislatura, buscará facilitar o coñecemento do patrimonio natural do país e aproveitar o seu potencial turístico. Segundo adiantou Mato, o primeiro dos eixes da iniciativa pretende valorizar este patrimonio natural, para o que, segundo informa a consellaría "se articulará unha nova oferta de actividades, recursos e melloras en torno aos espazos". O segundo "centrarase na promoción e comunicación do patrimonio, a través dos medios de comunicación, da presenza en feiras ou da elaboración de novos paquetes turísticos.". Pola banda das novas tecnoloxías haberá unha nova plataforma web sobre a Rede de Parques Naturais e unha anovada aplicación con información sobre todos os espazos protexidos do país. Un terceiro eixe dedicarase á educación ambiental e á divulgación dos recursos naturais.
Segundo explicou a conselleira, este plan identifica un total de 16 "espazos imán", que "non só se caracterizan polo seu alto valor patrimonial, senón tamén por ser os espazos naturais máis coñecidos e recoñecidos" por galegos e turistas. Co novo plan, preténdese que estes núcleos contribúan a achegar visitantes a outras áreas menos valorados. O Parque Nacional das Illas Atlánticas, os seis parques naturais (Fragas do Eume, Complexo Dunar de Corrubedo e as Lagoas de Vixán e Carregal, Monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra de Enciña da Lastra), o Monumento Natural da Praia das Catedrais, dous espazos da Rede Natura (Carnota-Monte Pindo e a Ribeira Sacra e Canóns do Sil) e as seis reservas da biosfera (os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, o Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a Área de Allariz, as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, as Terras do Miño e a transfronteiriza do Xurés-Gerês) fan parte desta clasificación.
A creación dun Pasaporte Natural, de novos paquetes turísticos e dunha nova imaxe de marca para os espazos naturais do país son outras medidas previstas no novo plan.