Miguel Calvo faise co V Premio Literario Pinto e Maragota

O xurado seleccionou a súa obra As esquinas para este galardón de 3.000 euros

Miguel Calvo. Fonte: Concello de Pontevedra
Miguel Calvo. Fonte: Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra e Edicións Xerais daban a coñecer este 22 de outubro o fallo da quinta xeira do Premio Literario Pinto e Maragota. Manuel Calvo Marques impúxose neste certame centrado na diversidade sexual e de xénero que conta cunha dotación de 3.000 en metálico.

A obra, seleccionada entre 38 presentadas, "fala da violencia dunha vítima da violencia machista na nenez, mais tamén de saúde mental, autolesións, a necesidade de atopar vías de escape á dor. E introduce, dun xeito, testemuñal, a vergoña e a marxinación do protagonista dentro da familia polo feito de ser homosexual".

Segundo apunta o Concello "ademais de valorar a calidade literaria e riqueza lingüística da obra, o xurado destacou o carácter poliédrico da novela, na que numerosos personaxes, animais e obxectos se unen para contar unha historia chocante".