Carmen Caramés faise co III Premio Literario Pinto e Maragota

O poemario Todo o que doe valeulle o galardón, dotado con 3.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Carmen Caramés. Fonte: AELG

Carmen Caramés. Fonte: AELG

O Concello de Pontevedra e Edicións Xerais daban a coñecer este 28 de setembro o fallo da terceira edición do premio literario Pinto e Maragota, que convocan coa intención de "visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero". Nesta xeira, o xurado seleccionou como vencedor o poemario Todo o que doe da escritora Carmen Caramés. O galardón conta cunha dotación de 3.000 euros en metálico.

O fallo destaca "a tenrura, a potencia das metáforas e a creación de atmosferas que evocan distintas sensación e emocións" da obra gañadora. Salienta tamén "a certeira representación da dificultade que supón, nesta historia, o amor entre dúas mulleres, fóra das normas establecidas, así como a reivindicación do dereito a vivir o amor en liberdade".

O xurado, que estivo composto Cristina Barreiro, Miguel Calvo Marques e Sara Vila, salientou tamén a calidade da novela para público adulto presentada co título Os tres nomes da Sartegua e a obra xuvenil A campá dos Tararíns, das que recomendou a publiación.

En total presentáronse a esta edición do certame, aberto a diferentes xéneros literarios, un total de 23 obras, das que sete pertencían á categoría de literatura infantil e xuvenil, cinco foron novelas para público adulto, dúas obras de teatro e as outras nove, poemarios para público adulto.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Concello de Pontevedra, Edicións Xerais, Literatura...