Antonio Manuel Fraga gaña o IV Premio Literario Pinto e Maragota

A novela 'Askja' recibiu o apoio unánime do xurado do certame pontevedrés

A novela 'Askja' recibiu o apoio unánime do xurado do certame pontevedrés
O autor recibindo o premio no Concelle de Pontevedra Foto: Concello de Pontevedra
O galardón Pinto e Maragota organizado pola área de Igualdade do Concello de Pontevedra ten como finalidade visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero. O certame ademais ten como característica formal a posibilidade de presentar traballos de poesía, relato ou textos teatrais. Nesta cuarta edición o xurado ven de premiar por unanimidade de entre as 33 obras presentadas, unha novela, a obra 'Askja', de Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976). A obra gañadora narra un romance entre dúas mulleres, ambientado en Islandia durante un confinamento provocado pola erupción dun volcán. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra na colección Narrativa de Xerais.