
O xurado destacou na obra gañadora o feito de ser "unha representación LGBTIQA realizada con sensibilidade, na que se reclama o rural como un espazo de liberdade e reivindicación", ao tempo que valorou "a dignificación das relacións interxeracionais presentes na novela" e "o emprego de novas formas de linguaxe, como a utilización do pronome neutro". "Tamén valoraron a construción coral de personaxes, cunha interesante galerÃa de personaxes secundarios tratados con sensibilidade e delicadeza. Para o xurado, 'Estranxeiras' é unha obra de lectura áxil, apta para un público amplo, con referentes á cultura LGBTIQA+ en libros, filmes, músicaÂ… Presentes ao longo da obra", segundo apuntou a edil de Igualdade.