A Xunta achegará dous millóns de euros á Rede Natura

Destinaranse á recuperacion de elementos históricos, especies animais e mellora da paisaxe

27/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: mediopatrimonio
36 lecturas | Compartido 0 veces

A coincidir coa celebración, o pasado día 24 do Día dos Parques Naturais, a Xunta de Galicia anunciou un investimento de dous millóns de euros na Rede Natura do país. O orzamento, que se distribuirá entre 121 concellos con espazos protexidos deste tipo no seu territorio, destinarase a accións de mellora da paisaxe, recuperación de especies e a recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais situados nestas áreas como como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura, Paisaxe, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos