Estivo abandonado máis de 30 anos e agora vai ser a sede dun albergue xuvenil e unha aula de natureza. A aldea de Salgueiros (Ourense) convértese asà nun exemplo de xestión ambiental de Galicia que onte inaugurou o presidente da Xunta. No acto, o presidente anunciou que o goberno creará este ano a Rede de Parques Naturais e aprobará en outubro a Lei da Paisaxe. Un anteproxecto que, por outra parte, se explicou en Santiago no marco do “I Simposio para o estudo da Convención Europea da Paisaxe e a súa aplicación en Galicia”.
Máis información no web da Xunta , na nosa hemeroteca sobre a Rede de Parques Naturais, e sobre o Simposio no web da USC