Medio Ambiente anuncia unha lei para a conservación da paisaxe e a creación dunha rede Parques Naturais

Protexer e unir

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
As xornadas técnicas que esta fin de semana organizou a Consellaría de Medio Ambiente no balneario de Laias deron xa os seus froitos. Foi neste encontro onde o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou a posta en marcha dunha Lei de Protección da Paisaxe que pretende harmonizar as políticas urbanísticas coas de conservación da natureza. Touriño apuntou ademais que se creará un fondo económico específico para a protección da natureza. Pola súa banda, o titular de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, asegurou que en breve se porá en marcha a Rede Galega de Parques Naturais, que coordinará a xestión destes espazos. Entres as propostas incluídas neste proxecto está a creación dun corpo de voluntarios para estas zonas e un amplo programa de educación ambiental.

Máis información en La Voz de Galicia, en La Región; no web da Xunta; máis sobre espazos naturais nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Natureza, Manuel Vázquez, Emilio Pérez Touriño...