A Xunta anuncia que destinará cen millóns de euros á protección de espazos naturais

Cen millóns para a Natura

6/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
24 lecturas | Compartido 0 veces
Os espazos naturais galegos contarán ata 2013 con cen millóns de euros para garantir a súa protección. Así o anunciaron onte o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño e conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. Dentro deste orzamento inclúese tamén a xa comprometida ampliación da Rede Natura a un 18% do noso territorio. Touriño e Vázquez lembraron tamén que antes de fin de ano chegará ao Parlamento o anunciado Plan Director dos espazos naturais.

Máis información no web da Xunta, en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego, e nos nosos arquivos


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego