A visita que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, fixo este sábado ao Parque Natural do Invernadoiro, serviulle para anunciar novas medidas encol destes espazos protexidos. Por unha banda, Touriño anunciou que se creará un consello consultivo sobre os parques naturais galegos no que participarán os diferentes actores implicados nestes espazos, incluÃndo os alcaldes dos concellos afectados. Ademais, prometeu achegarlle 1,8 millóns de euros en axudas aos habitantes destes espazos protexidos, "para que vivir nun parque non sexa unha penalización". En xeral, estas medidas queren consensuar as decisións sobre estas áreas e convertelas "en instrumentos de desenvolvemento económico", segundo asegurou o presidente.
Máis información en La Voz de Galicia no web da Xunta