A Xunta crea un organismo para coordinar a xestión dos parques naturais galegos

6:1

Galicia conta a día de hoxe con seis parques naturais galegos, espazos que precisan ser xestionados de xeito conxunto. Por ese motivo, a Xunta acordou onte na reunión anual do seu Consello, a creación dun Consello Reitor para coordinar as materias de actuación. Esta entidade, regulada por decreto, está integrada por representantes dos parques naturais, dos departamentos autonómicos de Turismo, Cultura, Vivenda, Urbanismo, Educación, Traballo e Economía, representantes dos concellos implicados e un mais por parte da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Máis información sobre a reunión do Consello no web da Xunta e na prensa en El País e El Correo Gallego