A Xunta quere que os parques se convertan na marca do desenvolvemento do paÃs. Para iso, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou un investimento de 18 millóns de euros en axudas, infraestruturas e accións para dinamizar os seis parques naturais que hai en Galicia. Ademais de ser un reclamo turÃstico, o conselleiro pretende convertelos en postos de traballo mediante a instalación de centros de interpretación, lugares de turismo ambiental e calquera outra iniciativa que poña en valor a zona. No proxecto, no que tamén están implicadas outras consellarÃas, hai iniciativas como a creación da “Fundación Galicia Natureza” ou a marca “Parques Naturais de Galicia”.
Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego