Traballos por valor de 24 millóns de euros tentarán mellorar a Rede Natura

O Ministerio de Medio Ambiente corre co groso do investimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A Rede Natura galega recibirá ata o vindeiro 2013 un investimento de 24 millóns de euros destinados fundamentalmente a mellorar as súas infraestuturas e a rehabilitar espazos naturais. O Ministerio de Medio Ambiente achegará, segundo anunciou onte, 20,8 millóns de euros e a Xunta preto de 4, que se destinarán a accións de divulgación e recuperación da biodiversidade. Entre as actuacións máis destacadas está a mellora de infrestruturas e equipamentos de uso público no Courel, que contan con tres millóns de euros ata o vindeiro 2013. Canda isto, preto dun millón de euros irán destinados á restauración das Gándaras de Budiño. No parque das Illas Atlánticas, entre outras actuacións, o investimento irá destinado á restauración da capela da Illa de Cortegada. Unha aula da Natureza en Ribas de Sil e un Centro de Recuperación de Fauna Mariña son outras das obras destacadas nos proxecto.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura, Budiño, Natureza, Courel...

Claves

Protagonistas
Lugares