O Ministerio e a Consellaría de Medio Ambiente investirán 38 millóns para a biodiversidade

Tamén crearán o Centro de Interpretación de Parques Naturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O Ministerio de Medio Ambiente e mais a Consellaría investirán un total de 38 millóns de euros en medidas para protexer a diversidade biolóxica da Rede Natura. O Consello da Xunta aprobaba onte a subscrición do convenio que permitirá a creación de centros de interpretación e de espazos destinados á recuperación de fauna e flora, canda a outras medidas de protección e difusión. A medida afectará ata a un 20% do noso territorio, segundo os plans de ampliación da Rede que xa anunciou a Consellaría.

Ao tempo, o Consello da Xunta aprobaba tamén outro convenio entre as dúas entidades para a construción do Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia. Esta entidade, que se localizará en Ourense, centrarase na difusión e divulgación do coñecemento sobre cada un dos parques existentes. En total investiranse 8,5 millóns de euros neste proxecto, que se construirá en Quintela, nas proximidades do Miño. O edificio contará con salas de interpretación separadas para cada un dos seis parques naturais galegos, ademais de auditorio, tenda verde, oficinas administrativas e outras instalacións.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente, Rede Natura, Ourense, Miño

Claves

Conceptos
Lugares