A Xunta terá que elaborar un plan estratéxico da mocidade cada lexislatura

Feijóo presenta o proxecto da Lei da Xuventude de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe tralo consello da Xunta o proxecto da Lei de Xuventude de Galicia, que reforzará "a coordinación e a transversalidade de toda a Administración Pública autonómica" a través da elaboración dun Plan Estratéxico da Xuventude en cada lexislatura. Para o Presidente da Xunta, o obxectivo da Lei é "regular os dereitos dos mozos e mozas, garantir o seu acceso aos órganos de representación e aos servizos públicos e mellorar a coordinación interna da Xunta de Galicia en materia de xuventude". A lei terá dez eixos prioritarios para a xente nova, como educación, emprego, vivenda, asociacionismo, turismo ou normalización lingüística.

Feijóo tamén sinalou que a lei substituirá o mecanismo actual de relación entre as organizacións xuvenís e a Xunta de Galicia, que é o Consello da Xuventude de Galicia, creado en 1987, creando un Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia, incluíndo a modificación do sistema de votación e acceso de entidades e "grupos informais" de mozos ao Consello.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Xunta de Galicia, Turismo, Normalización Lingüística...