Todas aquelas persoas que residen en Galicia ou que teñan aquà a súa veciñanza administrativa e teñan entre 14 a 30 anos conforman a mocidade galega. E a elas vai destinada a lei que entra en vigor hoxe, a 6/2012 tamén coñecida como a da xuventude de Galicia. Este texto lexislativo regula todas as entidades, instrumentos e documentos que se encargarán de rexer a participación da xuventude galega. É, segundo explicita o preámbulo do texto, a primeira lei destas caracterÃsticas no noso paÃs, logo de varias tentativas. Alén de delimitar quen é novo, pretende fixar a transversalidade de coordinación das polÃticas públicas nesta materia.
O texto fixa cales son os instrumentos que emprega o goberno para aplicar as súas polÃticas como “o Plan estratéxico de xuventude de Galicia, como instrumento que faga efectiva a transversalidade das polÃticas públicas en materia de xuventude; o Comité Galego de PolÃticas de Xuventude, como órgano colexiado interdepartamental de coordinación das distintas polÃticas da Xunta de Galicia; o Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, como máximo órgano de participación da xuventude; o Observatorio Galego da Xuventude, que estará integrado no Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia como unha comisión permanente do propio consello; o Instituto da Xuventude de Galicia, como órgano técnico de asesoramento e xestión en materia de xuventude; e a Escola Galega de Xuventude, que estará adscrita ao instituto, configurada como un servizo, e cuxa misión será a de velar pola formación en materia de xuventude”.
Lei de xuventude de Galicia.O texto fixa cales son os instrumentos que emprega o goberno para aplicar as súas polÃticas como “o Plan estratéxico de xuventude de Galicia, como instrumento que faga efectiva a transversalidade das polÃticas públicas en materia de xuventude; o Comité Galego de PolÃticas de Xuventude, como órgano colexiado interdepartamental de coordinación das distintas polÃticas da Xunta de Galicia; o Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, como máximo órgano de participación da xuventude; o Observatorio Galego da Xuventude, que estará integrado no Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia como unha comisión permanente do propio consello; o Instituto da Xuventude de Galicia, como órgano técnico de asesoramento e xestión en materia de xuventude; e a Escola Galega de Xuventude, que estará adscrita ao instituto, configurada como un servizo, e cuxa misión será a de velar pola formación en materia de xuventude”.