A aplicación do Decreto do Galego deberá comezar cun 50% de galego e castelán

Editores, Consello da Xuventude e Traballadores da Normalización súmanse ás críticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñecía onte nunha entrevista a El Correo Gallego que a incorporación do inglés ao ensino se fará de xeito gradual. Na conversa, o presidente sinala que só os docentes que queiran darán aulas en inglés, e que se garantirá o equilibrio ao 50% entre galego e castelán mentres non se incorpore esta lingua. Mentres, ao longo da fin de semana, sumouse ás críticas ao Decreto do Bilingüismo a Asociación Galega de Editores, que sinalou que non poderán responder ás necesidades de materiais en diferentes linguas previstas na proposta de Educación. Pola súa banda, o Consello da Xuventude de Galicia e a Federación Galega de Relixiosos do Ensino de Galicia tamén se posicionaron contra este texto, mentres a Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística, publicou no seu web a súa propia análise encol da proposta, na que denuncia que, de se aprobar, non garantiría o coñecemento do galego no ensino.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora do decreto

A hora do decreto

A Xunta deu a coñecer este sábado o proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no Ensino

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Xuventude, Editores, Educación...