A hora do decreto

A Xunta deu a coñecer este sábado o proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no Ensino

15/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
16 lecturas | Compartido 0 veces

O texto definitivo do proxecto do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario, que se presentou este sábado, está a provocar unha grande polémica. Como era de agardar, desde aquela están a se suceder reaccións e críticas encol deste texto. Mentres a Xunta sostén que a súa proposta "garante o equilibrio entre as dúas linguas oficiais de Galicia", partidos políticos, sindicatos e colectivos sosteñen que a norma suporá, de se aprobar, un retroceso que, segundo Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística "leva a lingua a niveis preautonómicos". Achegamos un repaso das principais novas para se orientar encol desta cuestión.
Borrador do proxecto de decreto para o plurilingüismo en pdf no web da Consellaría de Educación. Presentación do decreto no web da Xunta. Queremos Galego convoca concentracións ás oito desta tarde en vilas e cidades de todo o país. A plataforma xa organizou unha protesta o pasado sábado fronte à Consellaría de Educación a coincidir coa presentación do texto. A plataforma ProLingua denuncia "a pretensión de falsificar a realidade presente nun texto que consuma a peor agresión contra a lingua galega desde o franquismo". Galego Patrimonio da Humanidade considera que Partido Popular e Goberno "desoíron tanto o clamor social coma as opinións dos especialistas e as institucións". Reacción da Mesa pola Normalización ao proxecto de decreto. Comunicado da Coordinadora de Equipos de Normalización Linguística. O colectivo considera que o texto "non garantirá o equilibrio" entre galego e castelán e que "desprotexe" a nosa lingua. A Confederación Intersindical Galega esixirá a retirada do texto. O Sindicatos de Traballadores do Ensino denuncia que "o borrador presentado non recolle as achegas máis importantes" dos colectivos cos que se entrevistou Educación ao respecto. O voceiro do PP, Antonio Rodríguez Miranda defende o decreto a afirmar que defende a liberdade. O proceso de elaboración do proxecto do decreto provocou fortes debates no interior do PPdeG, segundo explica Vieiros. Reaccións na rede contra o decreto, da man de Vieiros. O PSdeG consdiera que o Goberno, "certificou a ruptura do consenso social respecto da lingua". Para Guillerme Vázquez, voceiro do BNG, "non hai nengunha necesidade de nengún novo decreto e moito menos dun que camiñe na dirección de diminuír o espazo do galego no ensino". O Consello da Cultura e mais Galicia Bilingüe consideran o texto final de xeito máis positivo do que o rascuño previo.

Universo culturagalega.gal