A porcentaxe de inglés concentra as novas críticas contra o decreto do galego

O Consello da Cultura e a RAG analizarán o texto a vindeira semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A presenza dun 33% de inglés que prevé o rascuño do Decreto do Pluringüísmo do ensino podería se inconstitucional. Segundo revelaba Xornal de Galicia esta fin de semana, unha sentenza do Tribunal Superior de Valencia de 2008 determina que só se pode obrigar a que sexan cooficias as linguas vehiculares, xa que a initrodución de inglés pode infrinxir o dereito a unha educación en igualdade. De xeito semellante, desde o Instituto de Ciencias de Educación da Universidade de Santiago o catedrático José manuel Vez Jeremías sinalou a necesidade de consolidar as linguas propias antes de introducir a inglesa en altos porcentaxes. Pola súa banda, tanto o Consello da Cultura coma a Real Academia Galega foron xa chamados polas Xunta a achegar a súa opinión sobre o rascuño. As institucións terán ao longo da vindeira semana cadansúa xuntanza da que sairán as súas propostas encol desta cuestión.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Igualdade, Real Academia Galega, Ensino...