O rascuño de decreto sobre plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia non satisfai a ninguén. Desde a presentación deste texto na tarde do pasado 30 de decembro están a se suceder as reaccións, maioritariamente contrarias de todo tipo de colectivos e persoeiros. A medida máis contundente conta esta proposta é a convocatoria dun paro no ensino, previsto para o vindeiro 21 de xaneiro. Entre as crÃticas máis duras contra o texto que propuxo a Xunta, están voces, coma a do sindicato CIG-Ensino, que aseguran que o texto é ilegal, xa que contradà unha sentencia do Tribunal Supremo que non lle outorga os pais o dereito a escoller a lingua na que se educan os seus fillos. De xeito semellante desde Nova Escola Galega denunciaron que equiparar unha lingua foránea coma o inglés coas linguas cooficiais pode ser tamén unha ilegalidade.
Pola súa banda, a Coordinadora de Equipos de Normalización LingüÃstica denuncia, citando diferentes estudos, que "cun ensino de menos do 50% da lingua minoritaria é imposible garantir o seu dominio" e lembra que "a lingua galega non está en ingualdade de condicións co castelán". Tamén o colectivo Galicia Bilingüe se pronunciou contra este texto, xa que considera que o Goberno Galego incumpriu o compromiso de garantir a escolle de lingua en todas as materias troncais em ais na totalidade dos libros de texto. Desde o mundo da edición, Manuel Bragado, de Xerais, denuncia que o modelo proposto obrigará a publicar manuais en varios idiomas, o que para as empresas galegas do sector é actualmente "impensable" polos custes deste proceso.
O Secretario Xeral de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo, asegurou esta mañá, nunha entrevista no programa Bos DÃas da TVG, que "tentaremos incorporar todas as voces e opinión ao borrador", pero sinalou tamén que "o texto ten unhas bases asentadas" sobre as que se deberá traballar.