Os informes sobre o decreto para o plurilingüÃsmo que elaboraron a Real Academia e o Consello da Cultura estarán presentes na mesa sectorial do ensino. Os sindicatos deste sector sinalaron que coinciden plenamente coas propostas destes organismos e apuntano que os esgrimirán na xuntanza que van manter para que Educación lles traslade a súa proposta final encol desta cuestión. Pola súa banda o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, sinalou que o seu partido ten "claros" os fundamentos do futuro decreto e que non aceptará a inmersións lingüÃstica, que, segundo o seu partido, promove a proposta do Consello. Segundo Rueda, se o Consello avodar por "non ter en conta a opinión dos pais en ningún dos casos, dicimos que non". O secretario do Consello, Henrique Monteagudo, manifestou nunha entrevista a Xornal de Galicia a súa sorpresa ante a reacción do PPdeG ao informe.