A Mesa Sectorial de Educación remata sen acordo sobre o decreto do plurilingüismo

Os sindicatos retiráronse da xuntanza antes de que esta rematase

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os representantes de CIG-Ensino, STEG, CCOO e UGT retiráronse onte da Mesa Sectorial na que a Consellaría de Educación presentaba o decreto para pluringüismo no ensino. Os sindicatos denunciaron que o prazo para presentar alegacións ao texto rematara antes da xuntanza, polo que consideran que non se podería incorporar ningunha das súas propostas ao decreto. Unicamente o colectivo ANPE mantivo o debate co departamento autonómico. Ademais, segundo sinala Xornal de Galicia, as formacións están a barallar a posibilidade de denunciar o futuro texto por vía xudicial. Pola súa banda, Educación sinalou que incluirá no mesmo unha proposta que se presentou na Mesa, referida á modificación da asignación lingüística dunha materia cando así o determine a maioría dos pais.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ensino, Consellaría de Educación, CIG

Claves

Conceptos
Lugares