Sindicatos, colectivos relacionados co ensino e a Mesa dubidan dos resultados da consulta sobre o galego

Varios colectivos piden que se aclare como influirá a consulta no futuro decreto

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os resultados ofrecidos, a ausencia do conselleiro na presentación dunha consulta que Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística, cualificou de “histórica” e a explicación da utilidade do proceso foron as cuestións máis criticadas do colectivo. Para a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización “non reuniu as garantías científicas mínimas e non partiu da igualdade entre ambos idiomas”. Pola súa banda, a Mesa acuda de “fraudulenta e trapalleira” á Consellaría de Educación ao tempo que pide “datos desagregados que corroboren participación, resultados e gastos”. Os sindicatos CIG, STEG e UGT tachan os resultados de “ilexítimos” e a confederación de país de alumnos de centros públicos cre que os datos non “achegan absolutamente nada”. Ao tempo, ante as palabras de Lorenzo que dixo que a consulta “non é vinculante”, todas as entidades piden que se aclare como influirá a consulta no futuro decreto.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Anxo Lorenzo, Igualdade, Política Lingüística...