Arrecian as críticas á Xunta pola aprobación do decreto para o plurilingüismo

Unicamente o sindicato ANPE se amosou de acordo coa retirada da consulta aos pais

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Tanto os portavoces dos principais partidos da oposición, PDdeG e BNG como representantes do sindicato CIG denunciaron o retroceso para a lingua que supón a aprobación, onte, do decreto para o plurilingüismo no ensino. Canda a este sindicato o STEG, A Mesa pola Normalización e a plataforma Queremos Galego anunciaron a súa intención de recorrer o texto ante a xustiza. Pola súa banda, o colectivo Galicia Bilingüe denunciou que a medida no se axeita ao prometido polo PP no seu programa eleitoral, e calificou de "mentiroso" o presidente da Xunta. Unicamente o sindicato de ensino ANPE amosou o seu apoio á retirada da consulta aos pais, aínda que criticou que se permita aos alumnos expresarse no idioma que elixan nas clases.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Galicia Bilingüe, CIG, BNG

Claves

Lugares