O TSXG anula a consulta aos pais do Decreto para o Plurilingüismo

A Mesa e a Xunta difiren na interpretación da sentenza

23/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
30 lecturas | Compartido 0 veces

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) facía pública na tarde de onte a súa sentenza sobre o recurso que presentara o sindicato CIG, a Mesa pola Normalización e a plataforma Queremos Galego contra o Decreto para o Plurilingüísmo no Ensino. No texto, o alto tribunal anula o artigo 5.2 do Decreto, no que se establece unha consulta as familias sobre a súa preferencia lingüística para as aulas. Tamén considera "ilegal" o artigo 12.3, no que se lle permite ao alumnado a empregar a lingua da súa preferencia nas aulas, ao considerar que "non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia desta Comunidade", o que contradí a Lei de Normalización.

Á hora de interpretar esta sentenza, a Mesa pola Normalización considera que a decisión do Tribunal Superior permitirá unha maior presenza do galego nas aulas, mentres desde a Xunta publicou unha nota sinalando que a deicións "avala o equilibrio entre galego e castelán e a introdución do plurilingüismo".

O TSXG ten pendente a resolución doutros cinco recursos contra o decreto.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG, CIG, Ensino, Lingua galega

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares