Unha nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera que o Decreto para o Plurilingüismo nas aulas non se axusta a dereito. Desta volta, a sala desestimou o recurso que presentara o colectivo Galicia Bilingüe, que reclamaba que os paÃs tivesen aÃnda maior poder de decisión do previsto no texto sobre a lingua dos seus fillos nas aulas e nos materiais escolares. O TSXG sinala de novo que lle compete á Administración determinar o idioma a empregar nos centros e non ás familias.
O pronunciamento, quinto sobre a mesma cuestión, segue aos que a sala realizara sobre os recursos presentados pola Real Academia, o Sindicato de Traballadores do Ensino, Comisións Obreiras e mais un conxunto da Mesa pola Normalización, a CIG e Queremos Galego.
Con este finalizan as resolucións sobre os recursos contra o Decreto. A Xunta anunciara que tomarÃa unha decisión sobre o decreto logo de coñecer todos os fallos do TSXG encol do mesmo.