UXT e STES tamén se suman á folga do ensino polo Decreto para o Plurilingüísmo

Os centros concertados desvinculanse da protesta ao considerar que non se convocou axeitadamente

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Finalmente o sindicato UXT-Galicia tamén chama a se sumar á folda no sector do Ensino convocada para este xoves 21 contra a proposta da Xunta para o Decreto para o Plurilingüísmo. Do mesmo xeito o Sindicato de Traballadores de Ensino-Intersindical manifestou onte o seu apoio á protesta. Pola súa banda, as dúas patronais dos centros concertados do país sinalaron que non apoiarán esta mobilización ao considerar que non lles foi comunicada en tempo e forma. Pola súa banda, a asociación Fuco Buxán de Ferrol confirmou o seu apoio á protesta, á que tamén se suman os Comités Abertos de Facultade da Universidade de Vigo, que chaman aos estudantes a non acudir á clase ese día. En Lugo, os que non poidan asistir á manifestación en Compostela terán ocasión de participar nas concentracións que programou o sindicato CIG, mentres en Pontevedra, Queremos Galego preparou un festival a prol da lingua para o vindeiro martes.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, CIG, Universidade de Vigo, Pontevedra...