Os directores dos centros de ensino rexeitan o decreto de plurilingüismo

UXT envioulle ao goberno 18 enmendas á súa proposta

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O primeiro contacto que mantivo a Consellaría de Educación con responsables de trinta centros de ensino no país deu nun rexeitamento unánime destes á proposta do decreto para o plurilingüismo, segundo recolle hoxe Faro de Vigo. Educación ten previsto continuar ao longo da vindeira semana os contactos con este colectivo para coñecer a súa posición ante o texto. Ao tempo, continúan as adhesións á folga do ensino convocada para o vindeiro día 21 por esta cuestión. O sindicato UXT envioulle ao goberno 18 enmendas ao seu texto dándolle de prazo ata o vindeiro luns para responder ás mesmas, e adiantou que se non hai reacción, apiarán a convocatoria de folga. Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, sinalou que respectará a lei á hora de implantar o inglés no esino e que non será obrigatoria acreditar o coñecemento desta lingua nas oposicións. Ademais, recoñeceu que se desenvolverán medidas de formación para este coletivo. Finalmente, a Coordinadora de Traballores pola Normalización Lingüística está a achegar no seu web unha completa lista con reaccións á proposta de decreto.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora do decreto

A hora do decreto

A Xunta deu a coñecer este sábado o proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no Ensino

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Educación, Normalización Lingüística, Consellaría de Educación...