O sindicato Comisións Obreiras apoiará finalmente a folga do Ensino convocada en contra da proposta de Decreto para o PluringüÃsmo. Os responsables da entidade denunciaron que se esgotaron as posibilidades de negociar coa ConsellarÃa de Educación e chamaron a participación nesta xornada. Pola súa banda, a plataforma Galiza non se vende publicou un manifesto no que denuncia o seu posicionamento contra a proposta da Xunta sobre a lingua no ensino non universitario. Ao tempo, as tres universidades galegas publicarán en breve o seu propio pronunciamento sobre a cuestión, segundo adiantou Iván Area, vicerreitos da Universidade de Vigo. Area reclamoulle ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. que "reconsidere" o borrador nun acto no que este último estaba presente. Precisamente esta semana, o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo, ten previsto desenvolver contactos con preto de 30 entidades para coñecer a súa opinión encol do proxecto de decreto. Tamén a Asociación de Escritores en Lingua Galega publicaba esta mañá un manifesto no seu web no que anima aos seus socios a se mobilizar contra a proposta de Educación e reafÃrmase no compromiso coa lingua.