A Xunta anuncia novo decreto do galego para 2010

A Mesa pretende convocar unha folga xeral para o comezo do vindeiro curso

18/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
54 lecturas | Compartido 0 veces

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e mais o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciaban esta mañá que o novo decreto sobre o galego no ensino entrará en vigor para o curso 2010-2011. Entre os traballos de preparación do texto, a Xunta fará unha enquisa entre as familias e a sociedade, e procurará consensuar a norma con todos os axentes do sistema educativo. A contestar estas medidas, a Mesa pola Normalización Lingüística anunciaba esta tarde que vai iniciar contactos coa comunidade educativa de cara á convocatoria dunha folga no ensino para o comezo do vindeiro curso. O colectivo pretende paralizar "o sistema educativo desde primaria ata a universidade" contra a derrogación do decreto de galeguización do ensino.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Anxo Lorenzo, Xesús Vázquez, Normalización Lingüística...